Fai un par de días recibín dende Ponte de Lima o último libro do bo amigo Franclim Castro Sousa, ex Vereador de Cultura de Ponte de Lima, -a Vila mais Antiga de Portugal-.
Frank Sousa é un daqueles homes imprescindibles que tiñan que existir en todos os pobos, aldeas e vilas, para coñecer o que somos e de onde veñen as nosas costumes e tradicións; En definitiva a historia e personalidade colectiva dos pobos.
Son tamén homes imprescindibles, para axudarnos a sentir e compartir ese orgullo identitario das nosas Vilas e das nosas xentes, do que as veces, tristemente, andamos tan escasos.
O fermoso libro, “A feira e as tascas de Ponte”, ben puidera ser “A feira e as tascas de Xinzo”, este pobo que medrou por as súas famosas feiras, coñecido xa por enófilo dende antigo, como acredita o "pleito dos taberneiros" do século XVI que estudou e transcribiu Fernando Dopico Blanco.
No que chegamos a ter e desfrutar, din os mais vellos, de mais dun cento de bares, un en cada porta...
Como no libro de Franclim cada bar coas súas historias, cos seus donos e donas, coas súas especialidades e clientela, e coas súas cousas, tan nosas, tan de todos!
Dificilmente, si non fora por Miro Martinez Cerredelo e polo Facebook, lembramos as dúcias de tascas que pecharon e desapareceron, entre outros: O Carpintas a Mucha, el Asturiano, el Estrechito, o Lolo, o Bodegón, o da Coxa, el Retiro o Platillo Volante, a Gran Taberna, a Anita, o Meco do Toño e da Concha Durán, o Túnel ou o Santana, o Usera, o Pataqueiro, o Pachanga, o Meco do Manolo, o Meco do Ramón e da Teresa, o Cuco, a Taberna do Benito, a Manueliña, o Pepinillo da rúa da Igrexa...
O Oasis, o Filter, o Antela, o Ledo, o Gran Café, o Ideal, o Bohemio, o Pompeya...
E restaurantes e fondas outras moitas como o Stop, a Concha, o Maragón, o Avenida, o Duran, a Anuncia, o a Vila, o Victor... e moitos outros.
“A feira e as tascas de Ponte” é un acaído percorrido neste intre, unha homenaxe os taberneiros e taberneiras. Ós Bares, tan nosos e imprescindibles que nestes tempos de Covid o están pasando moi mal.
Por elas!
Levantemos as cuncas e brindemos por eles, por os bares, os cafés, os restaurantes, as tascas.
Por as nosas Vilas, irmáns e “geminadas”.
E tamén por nos, por todo o que nos une e unirá, que é moito, e por que cada día medre un pouco mais a nosa amistade.
Oh Franclim, vossa mercê tem razão.
É ingratidão falar mal das tascas e do vinho.
E a provar o que digo:
Vamos, meu amigo, a mais um copinho...
Muito Obrigado, sempre.
Ponte de Lima no Mapa
Ponte de Lima é uma vila histórica do Norte de Portugal, mais antiga que a própria nacionalidade portuguesa. Foi fundada por Carta de Foral de 4 de Março de 1125, outorgada pela Rainha D. Teresa, que fez Vila o então Lugar de Ponte, localizado na margem esquerda do Rio Lima, junto à ponte construída pelos Romanos no século I, no tempo do Imperador Augusto. Segundo o Historiador António Matos Reis, o nascimento de Ponte de Lima está intimamente ligado ao nascimento de Portugal, inserindo-se nos planos de autonomia do Condado Portucalense prosseguidos por D. Teresa, através da criação de novos municípios. Herdeira e continuadora de um rico passado histórico, Ponte de Lima orgulha-se de possuir um valioso património histórico-cultural, que este portal se propõe promover e divulgar.
Sugestões